O servizo de intérprete de lingua de signos do Concello atendeu 108 peticións no 2016

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou este xoves de que o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos do Concello atendeu un total de 108 peticións no ano 2016. O mes que máis actividade tivo foi xuño, con 32 solicitudes.

A edil explicou que “dende a entidade local ofrecemos estes servizos en prol da igualdade de oportunidades e para conseguir unha sociedade máis inclusiva, cos que ademais buscamos garantirlle a accesibilidade aos servizos municipais a todos os seus veciños e veciñas e facilitarlle a súa participación na vida pública”.

Trátase dunha prestación que leva funcionando dende 2007 e coa que o Concello, que asinou un convenio de colaboración coa Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR) e Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU).

Dito servizo, co que se pretende ademais eliminar as barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial, pode solicitarse a través do Servizo de Atención Cidadá 010, no correo electrónico 010@concellodelugo.org, no fax 982-297-349, enviando un SMS ao número 639-107-010 ou a través dun formulario na páxina web municipal, www.lugo.gal. As solicitudes poden facerse ademais de xeito individual, tanto por parte de entidades públicas como privadas. Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.O Concello tamén ofrece este servizo nos actos institucionais que organiza ao longo do ano, como en diversas actividades da programación do Arde Lvcvs e do San Froilán, entre outros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou este xoves de que o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos do Concello atendeu un total de 108 peticións no ano 2016. O mes que máis actividade tivo foi xuño, con 32 solicitudes.

González Abelleira explicou que “dende a entidade local ofrecemos estes servizos en prol da igualdade de oportunidades e para conseguir unha sociedade máis inclusiva, cos que ademais buscamos garantirlle a accesibilidade aos servizos municipais a todos os seus veciños e veciñas e facilitarlle a súa participación na vida pública”.

Trátase dunha prestación que leva funcionando dende 2007 e coa que o Concello, que asinou un convenio de colaboración coa Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR) e Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU).

Dito servizo, co que se pretende ademais eliminar as barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial, pode solicitarse a través do Servizo de Atención Cidadá 010, no correo electrónico 010@concellodelugo.org, no fax 982-297-349, enviando un SMS ao número 639-107-010 ou a través dun formulario na páxina web municipal, www.lugo.gal. As solicitudes poden facerse ademais de xeito individual, tanto por parte de entidades públicas como privadas. Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.

O Concello tamén ofrece este servizo nos actos institucionais que organiza ao longo do ano, como en diversas actividades da programación do Arde Lvcvs e do San Froilán, entre outros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com