O simposio internacional de arqueoloxía do ouro defende a difusión do patrimonio

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, xunto coa Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, e a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García, clausuraron hoxe, no Salón de
Actos do Pazo de San Marcos, o primeiro Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, que se celebrou co apoio do organismo provincial. Ao remate do acto, os 140 participantes recibiron un diploma acreditativo destas xornadas.

Na súa intervención, Fernández Queipo, defendeu que, ao longo de máis de 20 relatorios, puxéronse en valor os recursos arqueolóxicos e patrimoniais da provincia de Lugo, polo que esta iniciativa contribuíu a difundir e promover as coleccións de ourivería antiga do Museo Provincial, ao tempo que serviu para dar a coñecer as diferentes achegas científicas existentes relacionadas co ouro antigo.

Comité científico

Este simposio internacional contou co seguinte comité científico; a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro; a profesora da Universidade de Vigo, Beatriz Comendador; da Universidade de Cambridge, Marcos Martinon-Torres; do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), Xose Lois Armada, e da USC, Ana Goy.

Nesta xornada de clausura, o comité organizador, avanzou as seguintes conclusións; por unha banda acadáronse os obxectivos marcados neste congreso, como a presentación de aportacións científicas de investigadores, así como a actualización e difusión de traballos realizados no campo da Arqueoloxía. Ademais de analizar o pasado e o presente do estudo dos bens suntuarios (áureos) e apuntar as perspectivas de futuro. Tamén se difundiu as coleccións de ourivería pre/protohistórica dos museos e coleccións públicos e privados, e púxose en valor a ourivería antiga como fonte de información e documentación.

O comité científico demanda ademais que se realicen e incentiven novos estudos de novos investigadores. E tamén, que se poña en valor o noso patrimonio da arqueoloxía do ouro. Por último sinalan que a arqueoloxía do ouro a nivel internacional (europeo), consolidase como unha disciplina con presente e futuro en Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com