O son cubano de Roi Casal chega á Feira da Artesanía de Parga,

A titular de cultura da Deptuación xunto coa Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin Rodríguez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Parga, Fernando Roca Arenas, presentaron esta tarde na Carballeira de Parga a XXIV Feira da Cantería, dos Callos e da Artesanía de Parga (Guitiriz), que se celebrará os vindeiros 21 e 22 de xullo. O organismo provincial realiza unha achega de 3.000 euros para a organización deste evento, asi como cofinanciando o concerto de Roi Casal. Tratase dunha iniciativa coa que se pon en valor a gastronomía e os oficios tradicionais lucenses, ademais de dinamizar a economía do Concello e promover o turismo durante esta fin de semana.

A deputada explicou que esta cita “é unha feira tradicional moi arraigada no Concello de Guitiriz pola importancia da cantería nesta zona, celebrándose un certame no que participarán 40 artesáns deste sector chegados de toda a xeografía galega. Este ano ademais, duplicase a participación de artesáns na feira, polo tanto o éxito desta convocatoria xa está asegurado”.

Asemade a titular de cultura remarcou que “Roi Casal actúa dentro dunha xira de gran importancia porque ofrece unha actividade lúdica de primeiro nivel para os veciños, promove as relacións históricas entre Lugo-Cuba, e tamén dinamiza culturalmente as vilas da provincia e xera riqueza noutros sectores como pode ser o turismo”.

Pola súa parte, Regina Polín convidou a todos os visitantes a achegarse á Carballeira de Parga para gozar dunha fin de semana única, con música, artesanía e por suposto unha gastronomía excepcional. A Alcaldesa de Guitiriz engadiu que “como novidade nesta anualidade haberá unha carreira de cabalos e unha exhibición ecuestre”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com