" />

O subdelegado do Goberno recibe á nova delegada da Axencia Tributaria en Lugo

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho a María Elena Rosendo Vázquez, nova delegada da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en Lugo.

María Elena Rosendo naceu en Ourense no ano 1976 e é licenciada en Dereito, na rama económico-empresarial. Funcionaria do Corpo Superior de Inspectores de Hacienda do Estado ocupaba, ata o seu nomeamento á fronte da Axencia Tributaria en Lugo, o posto de administradora da AEAT en A Coruña.

Sustitúe no cargo a José María Núñez Pérez, que se xubilou recentemente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo