O subdelegado do Goberno recibe ao novo xefe do Subsector de Tráfico e ao novo director do centro penitenciario de Bonxe

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho ao capitán José Miguel Martínez Suárez, que esta mesma mañá se incorporou ao seu posto como xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil en Lugo. Na súa visita estivo acompañado polo xefe da Comandancia, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias.

O capitán Martínez Suárez, nacido en Éibar no ano 1971, tivo o seu último destino en Navarra. Sustitúe á fronte do destacamento de Tráfico en Lugo ao capitán Javier Miranda, que cambiou de destino hai uns meses. Durante este período permaneceu no posto de xefe interino do Subsector o tenente Manuel Julio Meléndez.

Tamén esta mañá, o subdelegado recibía a Álvaro Nuevo García, que vén de incorporarse como novo director do centro penitenciario de Bonxe, en sustitución de Modesto Gutiérrez, recentemente xubilado. Natural da provincia de León, Álvaro Bueno procede do centro penitenciario de A Lama (Pontevedra) onde tamén ocupaba o cargo de director.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com