O subdelegado do Goberno presidiu o acto conmemorativo do 193 aniversario da Policía

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta mañá o acto conmemorativo do 193 aniversario da creación da Policía Nacional e destacou o papel deste corpo como “garante da seguridade, a convivencia pacífica e o cumprimento da lei”.

Á celebración asistiron o comisario xefe provincial en funcións, Antonio Villamarín; o xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o coronel Miguel Ángel González Arias; o xefe da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez; o subdelegado de Defensa, Carlos Boado, ademais dos xefes das Comisarías locais de Monforte e Viveiro, e outros mandos da Policía Nacional na provincia.

No transcurso do acto, celebrado na Comisaría Provincial, procedeuse á entrega de diplomas acreditativos a nove policías nacionais, xubilados recentemente, en recoñecemento ao labor que desenvolveron durante os anos de servizo, en defensa do libre exercicio dos dereitos e liberdades e para garantir a seguridade cidadá.

UN CORPO ADAPTADO AOS TEMPOS

O subdelegado do Goberno e o comisario xefe provincial lembraron nas súas intervencións que foi o 13 de xaneiro do ano 1824 cando o rei Fernando VII ditou a Real Cédula pola que se creaba a chamada ‘Policía Xeral do Reino’, o primeiro antecedente da Policía Nacional, á que se lle encomendaba xa a tarefa de “garantir o ben e a seguridade pública”.

Ramón Carballo salientou o feito de que, ao longo dos seus preto de dous séculos de historia, “a Policía Nacional soubo adaptarse aos tempos e estar á altura das novas esixencias, de aí a vosa pervivencia en plena forma e coa forza precisa para facer fronte aos novos tipos delictivos e ás novas organizacións criminais” que van xurdindo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com