" />

O subdelegado do Goberno recibe aos funcionarios José Cuba e Mauro Rodríguez en recoñecemento aos seus méritos deportivos

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá ao axente da Policía Nacional, José Cuba Vázquez e ao funcionario, Mauro Rodríguez Baliña, que traballa como ordenanza na sede da Seguridade Social en Lugo, en recoñecemento aos seus recentes logros deportivos. Na recepción estiveron presentes tamén o comisario xefe provincial, Antonio Villamarín, e a directora provincial do INSS e Tesourería Xeral da Seguridade Social, Olalla Ferreiro del Rey.

Ramón Carballo recoñeceu o “excelente labor” que desenvolven ámbolos dous funcionarios do Estado nos seus respectivos postos de traballo e valorou o esforzo que realizan para compatibilizar a vida laboral cos adestramentos que esixe a práctica do deporte de alto nivel.

Cuba e Rodríguez Baliña representan, para o subdelegado, “o mellor da súa xeración e constitúen un exemplo para a mocidade”. Valorou de xeito moi positivo que teñen interiorizados os valores do deporte “que son aplicables a todos os aspectos da vida e, por suposto, ao ámbito das funcións que desempeñan na Policía Nacional e na sede da Seguridade Social. Eles saben ben o que significa o esforzo, a profesionalidade, a dedicación e o traballo en equipo”. Por todo elo, Carballo quixo renderlles esta felicitación pública e desexarlles novos éxitos tanto na súa vida laboral como nas vindeiras citas deportivas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo