O temporal Helena chega a 22 concellos da Provincia

O dispositivo invernal da Deputación, que inclúe 112 operarios e 64 máquinas,  traballou hoxe a pleno rendemento para facer fronte as incidencias nas estradas provinciais trala chegada do temporal Helena, que deixou acumulacións de neve e xeo, durante a madrugada en 22 Concellos da provincia. Esta situación meteorolóxica adversa fixo necesaria a intervención do dispositivo que actuou, sobre todo nas vías de Alta Montaña, para restablecer a circulación e manter a seguridade.

Concretamente os Concellos máis afectados foron os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel. Tamén hai dificultades na maior parte das estradas da Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, Triacastela, Becerreá, As Nogais, O Incio, Samos e Baleira. Ademais, nestes intres é necesario transitar con moita precaución en Taboada, Chantada, Carballedo, Baralla, O Corgo, Ourol e Muras.

Desde os servizos de emerxencia alertan de que os efectos do temporal van a continuar nas vindeiras horas, e espérase que a cota de neve caia aos 300 metros, con rachas de vento que superen os 100 km/h. Recoméndase circular con precaución por todas as vías da provincia, levar cadeas e reducir ao mínimo os desprazamentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com