" />

O TSXG confirma a condena de tres anos de cárcere a un home que agrediu a outro cun vaso en Vilalba

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a condena de tres anos de cárcere e o abono dunha indemnización de 20.361 euros que a Audiencia Provincial de Lugo lle impuxo a un home que agrediu a outro á saída dun pub de Guitiriz (Vilalba). O imputado, segundo a sentenza, arroxoulle un vaso de cristal á cara durante unha discusión. O TSXG salienta que a valoración da proba  testifical “está encomendada a quen presenciou a súa práctica” e, polo tanto, destaca que non pode “alterar esa valoración, salvo que se  reputase absurda, que non é o caso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo