O TSXG tomba cautelarmente o proxecto eólico Monte Contado en Lugo e Castroverde

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) acolle a solicitude de ADEGA de paralizar cautelarmente o parque eólico Monte Contado, promovido por Naturgy nos concellos de Lugo e Castroverde.

Este proxecto contempla a instalación de cinco aeroxeradores de máis de 220 metros de altura e unha liña de evacuación de máis de 7 quilómetros de lonxitude nunha área moi extensa que funciona como corredor de conectividade ecolóxica entre tres zonas da Rede Natura 2000, situadas todas elas a menos de 15 km do proxecto. Ademais, dende ADEGA sinalan que “as instalacións do parque proxéctanse integramente na “zona tampón” ou de amortecemento da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” declarada pola UNESCO, o que podería supoñer a retirada desta figura de protección”.

O alto tribunal galego acordou paralizar cautelarmente este polígono eólico ao considerar acreditado o risco de danos ambientais irreparables. Na súa resolución, o tribunal aplica os principios de cautela, prevención e precaución ambiental, propios do dereito da Unión Europea, e conclúe que, ante a posibilidade de que a execución do proxecto provoque prexuízos de difícil ou imposible reparación, debe prevalecer a protección do medio natural sobre o interese particular da promotora.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com