O turismo medra en Lugo un 35% con respecto ao ano 2018

Durante o mes de xullo, máis de 9.000 persoas recibiron información nos postos turísticos do concello.

Segundo os datos facilitados hoxe pola concelleira Maite Ferreiro, neste mes achegáronse ás oficinas de turismo municipal un total de 9553 persoas dirixíronse a estas dependencias demandando información sobre a cidade. Comparados co mesmo período do ano pasado, os datos revelan un aumento do 64% no número de persoas atendidas, o que segundo a Ferreiro se debe “ao éxito da colocación da caseta de información na Praza Maior”.

Os datos do último trimestre confirman tamén este incremento na demanda de información turística. De maio a xullo deste ano, rexistráronse un total de 17.030 visitas á oficina municipal de turismo, fronte aos 12.552 do ano anterior, o que supón un aumento do 35%. O ano 2018 pechouse cun total de 42.631 visitantes, “cifra que agardamos superar este ano”, indicou Maite Ferreiro.

Segundo Maite Ferreiro, “os datos que publicou a Xunta de Galiza no día de onte non contemplan os datos das oficinas de turismo”. Maite Ferreiro indicou que “debemos de revisar o traballo das institución en materia turística, no caso de Lugo, resulta paradigmático o feito de que existan dúas oficinas de turismo separadas escasos 50 metros na zona da pza do Campo, tendo en conta que a ubicación con máis demanda está a ser a caseta da Praza Maior”. Ferreiro sinalou que “traballaremos co resto de institucións por que entendemos que a actuación en materia turística ten que ser coordinada e efectiva”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Ago 11, 2019 - 11:07 PM

    ??????

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com