" />

O Vicedo e Portomarín, unidos pola campá dun pesqueiro

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que forma parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín. Tamén estiveron os respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.

Así, o novo elemento instalado hoxe, procedente dun barco pesqueiro, irá acompañado dunha placa que advirte de que aqueles que toquen a campá adquiren a “obriga” de visitar Portomarín. Neste municipio xa hai outro sino idéntico que anima a ir ao Vicedo.

Arias destacou o feito de que ambos municipios se puxesen dacordo para impulsar “esta singular iniciativa” que, de seguro, vai incentivar o “tránsito de visitantes entre os dous concellos, entre o interior e A Mariña”. Ás veces, lembrou, “ideas aparentemente sinxelas, son capaces de provocar movementos inesperados pola súa dimensión. Estamos a ver exemplos tódolos días. Ogallá que esta colaboración se faga viral e esperte a curiosidade de moita xente”, apuntou.

Arias dixo que “é unha boa idea, un xeito distinto de chamar a atención dos potenciais visitantes” sobre “a impresionante paisaxe e os recursos naturais dunha provincia que o ten case todo para converterse nun destino turístico de primeira orde” . Ás veces, engadiu, “non é preciso gastar centos de miles de euros para conseguir resultados sorprendentemente satisfactorios. Espero que esta colaboración entre O Vicedo e Portomarín se converta nun exemplo do que todos poidamos presumir dentro dun tempo”.

Amosouse convencido, de feito, de que as miles de persoas que visitan o Fuciño do Porco ou a multitude de peregrinos que pasan cada ano por Portomarín, sentirán “canto menos curiosidade” por coñecer “o outro extremo desta nova ruta que acaba de nacer”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    O Deivid
    Abr 14, 2021 - 05:27 PM

    Liberty Bell? En serio? 🤦🏻‍♂️🤦🏻‍♂️🤦🏻‍♂️🤦🏻‍♂️ que o 1 de Abril xa pasou…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo