" />

O Conselleiro de Economía e Industria afirma que a solución da crise leiteira ten que pasar ‘pola corresponsabilidade dos actores implicados’

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá o polígono industrial do Corgo, en Lugo, acompañado polo alcalde da localidade, José Antonio Ferreiro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

A razón da visita foi o anuncio dun investimento de 120.000 euros co que conceder máis operatividade ao no polígono, a traveso da mellora dun dos accesos ao parque industrial. Esta actuación forma parte doutras medidas que se están a levar a cabo na provincia de Lugo para o impulso da actividade económica, e que no seu conxunto suman 2.5 millón de euros.

Crise leiteira

Francisco Conde falou tamén da crise no sector lácteo e do bloqueo das industrias leiteiras por parte dalgúns gandeiros, afirmando que a Xunta de Galicia segue a traballar ao carón dos catro actores implicados neste conflicto, industria, distribución, producción e administracións, na busca da solución máis axeitada. Afirmou que é o momento de que cada un dos implicados asuma a súa corresponsabilidade, para poder chegar a un acordo que satisfaga a todos.

Cámara de Comercio

O Conselleiro falou asemade da conflicto na Cámara de Comercio de Lugo, que neste intre atópase pendente da convocatoria de eleccións que previsiblemente se producirá nos vindeiros días. Conde afirmou que dende a Xunta están a poñer todas as medidas necesarias para que a Cámara poida xestionarse de xeito autónomo e sexa viable.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo