O vindeiro mércores 3 de setembro comeza o curso das escolas infantís municipais

Mediante nota de prensa o concello de Lugo ven de anunciar, que o vindeiro 3 de setembro comezará o curso escolar 2025-2026 nas escolas infantís municipais.

As escolas infantís municipais atenden todas as facetas de aprendizaxe, motricidade, control corporal, primeiras manifestacións da comunicación e da linguaxe, pautas elementais de convivencia, relación social e descubrimento do entorno inmediato, realizando un traballo conxunto entre o ámbito escolar, a familia e o entorno físico.

O compoñente asistencial está referido á prestación de todos os coidados necesarios como a hixiene, limpeza, o cambio de roupa, manutención e atención á saúde dos menores.

As familias con praza adxudicada en cada unha das 4 escolas están convocadas a unha xuntanza previa ao inicio do curso o día 2 a partir das 19h, onde se tratarán temas relativos ao comezo de curso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com