" />

O vindeiro xoves Touriñán terá un encontro coa mocidade lucense organizada por Xuventude

O vindeiro xoves, 26 de novembro, ao abeiro do Programa +Xti, organizada polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional de Drogas, terá lugar a Xornada de convivencia lúdico-eduativa con Xosé AntonioTouriñán coa que se trata de orientar tanto ao profesorado como ás familias nos actuais desafíos educativos na etapa adolescente.

Unha cita que complementa a campaña na que o actor e humorista galego concienciaba sobre o perigo de usar o móbil ao volante, como os encontros celebrados ao longo dos meses anteriores sobre Mocidade e novas adiccións nas que se inclúen as apostas, videoxogos, redes sociais, substancias psicoactivas, etc.

A xornada, na que participarán os expertos Antonio Rial, Patricia Gómez e Manuel Isorna, terá lugar a partir das 18:00 horas no Codex Cinema (Caldiae Factoría Cultural).

Polas restricións de aforos imposta pola pandemia a actividade estará dirixida a un máximo de trinta persoas, mais retransmitirase en streaming a través das canles do Concello de Lugo grazas á colaboración da Fundación TIC.

Para inscribirse, as persoas interesadas teñen que enviar un mail a: maisporti2020@lugo.gal e indicar no ‘asunto’ “Mocidade e novas adiccións” e no corpo do mail o seu nome e apelidos, se se trata dun profesor ou dun particular e o nome da escola ou instituto ao que pertence.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo