O Xulgado denega as medidas cautelares contra SUPLUSA solicitadas pola Deputación

O Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Lugo, ven de denegar as medidas cautelares solicitadas pola Deputación de Lugo contra SUPLUSA e que interpuxeran: Darío Campos, Pilar García Porto e Lino Rodríguez Ónega. A sentencia, que obriga a pagar as costas aos demandantes, pode ser impugnada mediante recurso de apelación. Nos fundamentos de dereito a xuíza di, entre outras, que “Non se adoptaran medidas cando con elas se pretenda alterar situaciónsde feito consentidas polo solicitante durante un longo tempo, salvo que este xustifique cumpridamente as razóns polas cales ditas medidas non se solicitaron ata entón”.

E Continúa “ no presente caso non se acreditou o cumprimento do/dos requisitos ao que se refire o artigo 728 da LEC por non quedar debidamente acreditado que, de non adoptarse as medidas poderían producirse durante a pendencia do proceso situacións que impediran ou dificultasen a efectividade da tutela…”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo