Os 140 inscritos nos Cursos de Micoloxía reciben candanseu diploma

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz; entregaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, os diplomas aos participantes dos Cursos de iniciación á micoloxía I e II. Trátanse dos 2 obradoiros que organizou durante o mes de outubro o Goberno da Deputación coa colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus, enmarcados na programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Executivo Provincial no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Os 140 inscritos recibiron preto de 20 horas lectivas en 5 xornadas, divididas en parte teórica no Salón de Acto e en parte práctica na contorna do Centro de Interpretación Terras do Miño, na capital lucense. Nos cursos, impartidos por membros da Sociedade Micolóxica Lucus, ofreceuse unha visión e descrición sobre os principais cogomelos cos que conta Galicia, achegando coñecementos básicos sobre as súas características ecolóxicas, para poder realizar unha  correcta identificación e previr futuras intoxicacións polo seu consumo.

Fernández Queipo subliñou que “dende o Executivo Provincial continuamos impulsando o estudo dos recursos naturais que hai na provincia co obxectivo de poder empregalos para ampliar a oferta turística e económica lucense. Durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con estas xornadas que organizamos Deputación e a Sociedade Micolóxica Lucus, os participantes coñeceron in situ, a riqueza e a diversidade de especies de cogomelos coas que contamos na nosa provincia.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com