" />

Os afectados pola selección de persoal das Residencias denuncian o “escurantismo” da Deputación

A Plataforma de Afectados pola selección do persoal das Residencias da Deputación denunciaron hoxe o “escurantismo” do Goberno Provincial a respecto do persoal seleccionado para as Residencias, “ata o punto de non
enviar a documentación requerida pola Valedora do Pobo, despois de que lle fose requerida tras a queixa que a plataforma interpuxo”.

Esta actitude escurantista e de indiferencia cara á problemática das persoas traballadoras seleccionadas para traballar nas Residencias constatase tamén, segundo a propia platafoma, coa negativa do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a recibir aos afectados.

Desde o colectivo de persoas afectadas aseguran que “non somos capaces de comprender esta actitude absolutamente irrespectuosa e indigna que o Goberno Provincial, co seu Presidente á cabeza teñan cara a eles, tentando escurrir o bulto dun problema xerado por eles mesmos, no que xogaron coa ilusión de ducias de familias, as cales están na expectativa de poder optar a un posto de traballo que gañaron nun proceso de oposición pública, que foi ideado e executado íntegramente polo PSOE, e que agora non teñen nen a decencia de sentarse a falar con eles”.

A plataforma considera “impropio” dunha organización política socialista “que pregoa a súa condición de progresista” este tipo de políticas que os traballadores afectados cualificaron como ” clientelistas, elecoralistas e que, se desde o punto da legalidade son dubidosas, desde o punto de vista da ética política son absolutamente vergoñentas”.

Os membros da Plataforma de persoas afectadas pola selección de persoal para as Residencias Provinciais fixeron así hoxe un chamamento a que Darío Campos, como presidente do Executivo, “cumpra coas súas obrigas e nos reciba para dar a cara e explicacións sobre a situación actual respecto da apertura das residencias e sobre as alternativas que se van dar ás persoas seleccionadas en 2015”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo