Os bombeiros liberan ao ocupantedun turismo que bateu contra outro estacionado en Monforte

Os bombeiros interveñen en Monforte para liberar a un dos ocupantes dun turismo que quedou atrapado tras bater contra outro coche estacionado.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 18 horas de hoxe na Rúa Casares. Alí acudiron os servizos sanitarios de urxencia, así como os efectivos do parque monfortino ao comprobarse que un dos tres ocupantes do turismo quedou atrapado despois de colidir contra outro aparcado.

Así, unha vez liberada a persoa, foi evacuada, xunto cos outros dous ocupantes, ao centro hospitalario de referencia para seren atendidos das lesións provocadas polo impacto.

Neste operativo, os servizos de emerxencias contaron tamén co apoio dos axentes da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo