" />

Os bombeiros lucenses poderían lograr en 2018 ano a equiparación salarial

Os bombeiros do Consorcio de Lugo terán por fin a tan ansiada equiparación salarial logo de que, no Pleno deste Consorcio, a Xunta de Galicia confirmara que nos orzamentos do 2018 incluiría unha partida que igualara os soldos dos bombeiros lucenses aos do resto de Galicia. Do mesmo xeito, a Deputación terá que poñer o 50% que lle corresponde, algo que xa tiña comprometido nos orzamentos provinciais deste ano e que non podía levar a cabo ata que a Xunta non equiparase a súa parte, por culpa dos Estatutos do propio Consorcio.

Así, nesta sesión, aprobouse o orzamento para 2018 deste organismo, que legalmente financia ao 50% Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, tal e como recollen os Estatutos do Consorcio. É un presuposto inicial de 4,9 millóns de euros, pois, unha vez que se aproben as contas provinciais e autonómicas, este debe incrementarse en 660.000 euros (330.000 da Deputación e 330.000 da Xunta) para poder equiparar as condicións salariais dos bombeiros de Lugo ao do resto de Galicia, tal e como demandan os propios profesionais.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, adiantou que “ao igual que xa fixemos no 2017, no orzamento da Deputación para 2018 incluiremos os 330.000 euros da Deputación. Hoxe a Xunta aseguronos a todos durante o Pleno que este ano si vai a achegar a parte que lle corresponde, cedendo, ao parecer, despois dun ano de constantes demandas e reivindicacións. Agardamos que cumpran coa palabra dada para que, dunha vez por todas, poidamos igualar os salarios dos bombeiros da provincia de Lugo”.

Para poder incrementar o presuposto en 660.000 euros, o documento recolle que este “poderá ser ampliado ao longo do 2018 polo importe das cantidades aportadas polos entes consorciados para a modificación salarial do persoal que presta servizos os parques de bombeiros dependentes deste consorcio provincial”. Nas contas para este ano, e maiores dos 4,9 millóns e dos previstos 660.000 euros que se deberán aportar, figuran partidas doutros 312.000 euros para investimentos cos que atender ás necesidades dos parques.

Ao respecto do cambio no modelo de xestión cara o público no 2019, a Xunta asegurou que só o aceptaría se a Deputación asume certas condicións, que presentou formalmente ao Pleno. Entre elas está que a Deputación asuma os custes que puideran producirse durante o proceso de cambio ou como consecuencia do mesmo, que o ente provincial asuma tamén calquera consecuencia xurídica ou indemnización económica e que a Deputación asuma o custo económico a maiores do actual, de producirse, que para o mantemento do servizo puidera derivarse do
sistema de xestión directa, “tendo en conta que a Xunta de Galicia non asumirá a diferencia entre o custo acutal do mantemento dos consorcios o que puidera supoñer no futuro”.

“Se a Deputación non asume as condicións da Xunta, esta non está disposta a crear nin tan sequera un grupo de traballo no sedo do Consorcio que avance cara o cambio de xestión dos parques no 2019, que é cando rematan os contratos coas empresas concesionarias deste servizo”, afirman dende o organismo provincial. Este grupo de traballo foi solicitado polo Presidente da Deputación de Lugo pois, ata o de agora, só traballaron conxuntamente as Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, elaborando os informes xurídicos e económicos que avalan o cambio de xestión cara o público.

Tamén se constataron avances noutros puntos de interese. Así por exemplo desde a Presidencia do Consorcio, que neste momento recae no director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, explicaron que unha empresa especializada está encargada de elaborar a auditoría sobre os posibles incumprimentos das empresas adxudicatarias denunciados polos traballadores. O prazo para elaborar ese estudio é de un mes.

Tamén Xunta e Deputación deron a súa conformidade á relación de criterios obxectivos que deben rexer a bolsa de substitucións dos traballadores do Consorcio, e acordaron o seu traslado ás empresas e aos representantes dos traballadores para que fagan as achegas que correspondan e así acadar os criterios definitivos que rexerán este procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo