Os candidatos á alcaldía de Lugo prepáranse para o inicio da campaña electoral

Os candidatos lucenses á alcaldía de Lugo, prepáranse para o inicio da campaña electoral, que comezará coa tradicional pegada de carteis esta noite ás doce.

Rubén Arroxo, candidato do Bloque, explicou que a campaña que comenza esta noite, farase coas aportacións e o traballo da militancia e das persoas simpatizantes do BNG.

Arroxo sinalou que o partido no fará utilización de cartos públicos para os envios de publicidade aos domicilios, e que a campaña será financiada cos fondos do BNG, e coas aportacións económicas dos seus militantes.
Escoitámolo:


Pola súa banda, o candidato do Partido Popular, Jaime Castiñeira, comprometeuse esta mañá en rolda de prensa a cumprir “ao 100%” o seu contrato con Lugo e asegurou que, no caso de non ter cumprido polo menos o 90% dos seus puntos fundamentais, dimitirá en 2019.
Escoitámolo:

 

O actual alcalde, e candidato á reelección, José López Orozco, anunciou esta mañá que o inicio de campaña do Partido Socialista non incluirá pegada de carteis, senón unha viaxe en tren dende Sarria, con chegada á estación de Lugo.
López Orozco:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com