" />

Os castiñeiros da Montaña perden o 80% da colleita pola neve

As fortes nevaradas que se rexistraron nestes días nos soutos da Montaña lucense provocaron graves danos nos castiñeiros ao rachar as polas co peso da neve. Esta circunstancia, veu a sumarse as perdas na produción que a praga da Avispilla xa tiña causado aos colleiteiros de castaña dos concellos da Fonsagrada e Ancares.

En total, estímanse unhas perdas de máis do 80% da produción o que vai a deixar a un número moi importante de veciños sen un complemento de renda que de media supón 6.000 de euros por explotación. O temperá desta nevarada sorprendeu aos castiñeiros aínda con moita folla e ourizos, que unido a lonxevidade das árbores, provocou que grandes extensión de soutos quedaran moi afectados.

Por outra banda, desde Unións Agrarias denuncian o “deficiente mantemento de liñas eléctricas e de telefonía” posto que con este temporal aínda hai aldeas sen servizo a pesar de ter pasado xa catro días. “Non cabe escusa por parte das empresas posto que é unha situación que se repite chova, vente ou neve”, insisten dende UUAA.

Unións Agrarias pide á Xunta de Galicia que ademais de ofrecer o servizos da oficina de Consumo para denunciar as perdas dos usuarios, que actúe de oficio contra das compañías que non cumpren co mantemento das liñas.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo