Ribeira Sacra Catamarán

Os catamaráns do Miño introducirán melloras para persoas con capacidades diferentes

O Executivo Provincial celebrou hoxe unha Xunta de Goberno Extraordinaria para a contratación da prestación do servizo dos Catamaráns, que segue a ser de xestión pública e que conta co control da entidade provincial, que fixa os prezos dos tíckets e recibe os fondos recadados pola súa venda. Dita prestación contratouse por 575.000 euros. Nesta anualidade, as rutas fluviais da Deputación serán máis accesibles e ofrecerán máis atención á diversidades, introducindo melloras para persoas con capacidades diferentes coas que facer máis fácil as viaxes en catamarán aos diversos colectivos.

Concretamente, nesta anualidade incluiranse melloras dirixidas a adaptar as viaxes ás persoas con capacidades diferentes, tanto a nivel físico como de comprensión. No eido da accesibilidade, e co fin de facilitar as viaxes de persoas con dificultades na súa mobilidade, instalarase un mecanismo de salva escaleiras, que serve para facilitar o descenso dende o aparcadoiro ata a zona do embarcadoiro. Tamén se instalarán ramplas móbiles e cintos de seguridade para as persoas en cadeiras de rodas.

En relación á atención de persoas con capacidades diferentes, introduciranse melloras para reforzar e facilitar a comprensión das rutas. Por exemplo, ás persoas con autismo, recibirán manuais específicos con pictogramas; para usuarios con déficit de atención ou hiperactividade, facilitaránselle os lugares máis pretos á guía e recibirán material de apoio complementario, persoas con dificultades visuais, auditivas ou de comprensión, a través de unidades en braille ou audioguías.

No ámbito educativo, elaboraranse unidades didácticas para que os nenos que realizan as visitas en catamarán traballen antes e despois da viaxe e poidan deste xeito comprender mellor a información das Rutas Fluviais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com