Os chefs do restaurante Os Cachivaches escollidos mellores cociñeiros de petiscos

Alejandro Méndez e Alejandro Ares, do restaurante Os Cachivaches de Lugo, lograron o recoñecemento do xurado profesional e o do xurado popular, respectivamente, como mellores cociñeiros de petiscos no marco da V Gala Showcooking De Tapas por Galicia, celebrada onte á noite pola Xunta de Galicia. No evento participaron os representantes das sete grandes cidades galegas que foron previamente gañadores dos concursos locais de tapas do pasado ano.

O premio do xurado profesional recaeu na tapa Mantiña de castañas, elaborada por Paco Gómez, chef do restaurante pulpería A Feiriña de Ourense. O segundo clasificado foi Rubén González, do restaurante El Cafetín de Pontevedra co petisco O polbo emigrante atlántico & oriental, mentres que o terceiro posto foi para Alejandro Méndez e Alejandro Ares, do restaurante Os Cachivaches, en Lugo, coa tapa Bonito ti!!, que obtivo tamén o primeiro premio do xurado popular.

Ademais do establecemento lucense, os membros do público recoñeceron en segundo lugar o petisco de Rubén González, de El Cafetín, mentres que o terceiro posto foi para Tomás Rubio, do restaurante A Viaxe de Santiago co seu Montadito de tenreira galega e Arzúa-Ulloa.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Elena Marquez
    Xul 04, 2019 - 08:54 AM

    Enhoraboa

    Reply
  2. Avatar
    Pilar Ferreiro
    Xul 03, 2019 - 03:12 PM

    Enhorabuena!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo