" />

Os colectivos impulsores da ILP para dotar de servizos ao HULA reuniránse o próximo venres para determinar as accións que levarán a cabo, logo da decisión da Xunta de non implantar a Hemodinámica 24 horas na provincia

O próximo venres ás 8 da tarde nos locais da Federación de Veciños, sita na rúa Luis Ameijide 10, reunirase a comisión de colectivos, que encabezados por Abre la Muralla e a Federación Vecinal, comezou e continúa a loita para que Lugo teña a Hemodinámica 24 horas, e que Radioterapia e Medicina Nuclear se instalen nos prazos que se fixaban na ILP, admitida a trámite por unanimidade no Parlamento de Galicia.

A reunión terá por obxecto determinar as accións que este colectivo emprenderá a partir de agora, para defender eses servizos, “tendo en conta as últimas declaracións da Conselleira Rocío Mosquera, as do Xerente do HULA, e a aptitude dos políticos do PP, especialmente os provinciais e locais”. Os colectivos afirman asemade, que non descartan ningún tipo de medida que poida axudar aos seus fins.

Pola súa banda, o cabeza visible da plataforma cidadá, Veciños por Lugo, Xohán Rompe, ten previsto impulsar unha loita pacífica para reclamar estos servizos, que pasaría nas súas palabras, por un peche continuado no hospital lucense. Para organizalo, Rompe convoca aos veciños a unha reunión que terá lugar mañá ás seis da tarde, nos baixos do Mercado de Abastos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo