Os concellos de Lugo recibirán 2,8 millóns para financiar os servizos sociais municipais

A Xunta concedeu aos concellos lucenses 2,8 millóns de euros en apoios para financiar os servizos sociais municipais. Estas achegas, enmarcadas dentro do Plan Concertado, están destinadas na súa maioría á contratación de persoal e á posta en marcha de programas de atención como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico, o funcionamento das escolas infantís de titularidade municipal e a programas sociocomunitarios.

O concello da capital recibe en concreto 473.000 euros, sendo a terceira cidade galega con maior contía logo
da Coruña e Vigo. A Consellería de Política Social incrementou o orzamento na provincia de Lugo en 293.800 euros, a maior parte dedicados ao cofinanciamento do persoal dos servizos sociais comunitarios. En concreto, neste apartado sumou 243.818 euros, o que permitiu que 19 concellos contrataran máis traballadores sociais.

O Plan Concertado tamén facilita financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico e para o funcionamento das escolas infantís municipais e a compensación pola aplicación da gratuidade.

Así mesmo, contempla partidas para a posta en marcha de programas propios de índole social por parte dos concellos. Os incrementos para este fin favoreceron a posta en marcha de novos proxectos en 22 concellos, dos que a maioría -oito- corresponden a Lugo; Ourense engade sete, cinco A Coruña e dous Pontevedra.

Así, achéganse 50.000 euros a ampliar os servizos sociais que prestan os concellos da Pobra de Brollón, Antas de Ulla, Castro de Rei, Friol, Quiroga, Sober, O Saviñao e O Vicedo. A maioría destinan este financiamento a axudas de emerxencia social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com