Os gandeiros desmárcanse dos incidentes en Outeiro de Rei

A Plataforma en defensa do sector lácteo desmárcase dos incidentes ocorridos esta madrugada en Outeiro de Rei, fronte a planta de Loxística Alimentaria. En concreto, arderon tres camións cisterna destinados ao transporte de leite. Un deses vehículos quedou completamente calcinado, mentres que os outros dous sufriron tan só danos no depósito.

En declaracións a Lugo SiRadio, Anxo Dono, un dos voceiros da plataforma, marcaba distancias con este tipo de accións que cualificou como “actos vandálicos”.

O suceso rexistrouse esta madrugada, contra as dúas da mañá, fronte a planta na que durante todo o día de onte  permaneceron membros da plataforma vixiando a entrada a entrada de camións con leite foráneo.

Con todo, os axentes da Garda Civil concretan que non apreciaron nin pintadas reivindicativas nin indicios que fagan pensar que o lume foi intencionado. Pese a todo, a zona foi acordoada para evitar que se poidan contaminar posibles probas e permanecen abertas todas as hipóteses en torno a como se orixinou o lume.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo