Os grupos políticos no concello deberan presentar as conta anuais detalladas

No Pleno do concello que se celebrou esta mañá aprobouse a proposición de ACE-EU relativa á presentación pública da contabilidade da dotación orzamentaria percibida polos grupos políticos da corporación lucense, cos votos a favor de tódolos grupos excepto os do equipo de goberno.

Ata agora, o Concello de Lugo pedía unicamente como xustificación dos gastos realizados por cada grupo municipal con cargo á súa asignación concedida polo Pleno, a declaración responsable de cada voceiro conforme os fondos recibidos se están aplicando ás finalidades contempladas pola normativa en vigor. Por primeira vez na historia do Concello de Lugo, por iniciativa de ACE-EU, decidiuse que os grupos políticos deban presentar ante o Pleno a súa contabilidade detallada e que se deba xustificar cada gasto concreto con facturas orixinais ante a Intervención Municipal.

Grupo Municipal Socialista votou en contra desta proposición porque segundo a alcaldesa Lara Méndez, “a proposta era redundante e innecesaria, porque segundo ela o Pleno xa fiscaliza as contas dos grupos municipais porque está establecido por Lei”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com