Os hostaleiros da provincia se manifestarán mañá contra as medidas que obrigan ao seu peche

Ante a situación de crise que está a atravesar o sector da hostalería e a súa cadea de valor como consecuencia das medidas preventivas tomadas polos diferentes gobernos para a contención da covid-19 e co obxectivo de reivindicar os seus dereitos e a falta de axudas para evitar o peche definitivo de moitos establecementos, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugoconvoca a toda a hostalería da provincia de Lugo a participar nunha manifestación este próximo sábado, día 7 de novembro, na cidade de Lugo a partir das 11:00 horas da mañá.

Segundo indica a Asociación, a concentración dos asistentes realizarase diante do edificio administrativo do Concello de Lugo, dirixirase pola Ronda da Muralla cara ao edificio multiusos da Xunta de Galicia, seguindo por Porta San Fernando para dirixirse a rúa San Marcos, logo a Santo Domingo, cara á Subdelegación do Goberno, e Conde Pallares ata a Praza Maior, onde finalizará diante do Concello.

Durante a acción reivindicativa, distintos vehículos de reparto de distribuidores de hostalería circularán pola Ronda da Muralla para potenciar a protesta e dar visibilidade a todos os axentes da cadea de valor do sector. Para todos aqueles que non poidan asistir á concentración na cidade, a acción no resto dos concellos da provincia consistirá nunha concentración, sen percorrido, o mesmo día, sábado 7 de novembro, ás 11:00 h da mañá diante dos consistorios correspondentes.

En todo momento manteranse as oportunas medidas de seguridade e garantirase o mantemento da distancia de 1,5 metros entre asistentes, así como uso de máscaras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com