Os hostaleiros solicitan á Xunta reducir o toque de queda

Galicia continúa a rexistrar unha subida no número de casos de Covid 19 e o Conselleiro de Sanidade xa informou que na comunidade se manterá o toque de queda decretado polo Estado entre as 11 da noite e as 6 da mañá.

Unha decisión que afecta aos hostaleiros lucenses que hoxe anunciaban o posible peche definitivo de gran parte dos bares e restaurantes se a Xunta non modifica este toque de queda para comezar ás 12 da noite.

Segundo o presidente da asociación provincial de hostalería, Cheché Real, “esa hora de diferenza no peche dos locais pouco ou nada repercutirá na propagación do virus, pero si afectará negativamente na decisión dos clientes para cear ou non nun establecementos de hostalería”. Real advirte que o peche ás 23 horas podería darlle “a puntilla” ao 95% dos negocios de hostalería de Galicia para pechar.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, vén de solicitarlle formalmente á Xunta de Galicia que a limitación do horario nocturno comece ás 00:00 horas e non ás 23:00 horas.

Real subliña que “somos conscientes e coñecedores da prioridade sanitaria existente, por iso os nosos establecementos cumpren cunha serie de protocolos e normas para manter seguros aos traballadores e aos seus clientes, pero a limitación horaria a partir das 23:00 horas suporá un quebranto económico moi importante, ou mesmo o peche definitivo de moitos locais”.

Desde Apehl cren que “as consecuencias económicas destas decisións si que provocarán grandes prexuízos para todo o sector, que segue tratando de sobrevivir a esta crise”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com