Os Reis Magos de Oriente percorreron hoxe as rúas de Lugo. A cabalgata saíu ás 18 horas do parque da Milagrosa, continuando pola rúa Monte Faro e a avenida da Coruña e chegou á praza Maior ás 19:15. Estivo formada por varios espectáculos precedendo ás carrozas, ademais de música e espectáculos a cargo da Tambukda e Cántigas e Frores, cun percorrido no que se repartiron máis de 4.000 quilos de caramelos.
Melchor, Gaspar e Baltasar contaron hoxe con 4 carrozas, unha para cada un deles e outra para poder levar os agasallos de todas as nenos e nenos de Lugo. As súas carrozas ambientadas na temática desta cabalgata levarán ás súas maxestades ao fondo do mar, aos ceos e máis aló de onde rematan os mapas. Criaturas fantásticas acompañarán a cada un deles e un vello amigo desta cidade na súa versión máis xigantesca coidará de que non se perdan os agasallos.






