Os Reis Magos enchen a cidade de maxia e ilusión

Os nenos e nenas lucenses xa poden contar como hoxe, 5 de xaneiro de 2018, os Magos de Oriente entraron a Lugo para encher a cidade de maxia e ilusión. Os sorrisos do público que se achegou á decena de rúas e prazas polas que transcorría a cabalgata iluminaron a tarde máis emocionante do ano.

Melchor, Gaspar e Baltasar en cadansúa carroza, e acompañados por unha cuarta carroza feita por Corazóns Artesáns e que se encargou de transportar  ás fadas que acompañaban aos Reis Magos. Asemade, a comitiva formada polos paxes reais, unicornios, animais, robots luminosos e moita música, percorreron a cidade, agasallando á xente con máis de 2.000 quilos de caramelos, dende o Parque da Milagrosa ata a Praza Maior, onde foron recibidos pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

As Maxestades de Oriente saudaron, como xa é costume, a todos os presentes dende o balcón da Casa Consistorial e atenderon, un por un, a todos os nenos que lles tentaban trasladar as peticións de última hora, e na que lle entregaron a cada rapaz un dos 3.000 paquetes de lambetadas.

O encontro dos Magos de Oriente cos lucenses estivo amenizado por grupos teatrais e musicais de Lugo, entre eles os nenos e nenas que participaron no obradoiro de panxoliñas organizado polo Concello no Vello Cárcere ao longo do Nadal, impartido por Belem Tajes, actual cantante de Luar na Lubre, quen tamén estará presente na actuación.

Agora só lles queda aos máis pequenos da casa, deitarse cedo para que os Reis Magos poidan facer o seu traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com