" />

Os servizos xurídicos avalían as responsabilidades pola situación irregular dos MUPIS

O Concello de Lugo puxo en mans dos servizos xurídicos municipais o estudo das accións a emprender pola situación irregular na que se atopa a explotación publicitaria dos MUPIS. Así llo transmitiu o Goberno aos grupos de oposición na Comisión de Contas celebrada este venres.

Os servizos municipais xa advertiran á empresa concesionaria o fin do contrato e que polo tanto, o problema non era de responsabilidade contractual senón de responsabilidade xurídica. Tamén se explicou que o Goberno local está a estudar se a cidade necesita máis MUPIS ou non para sacar a contratación a subministración de material ou se, pola contra, só é necesario xestionar a publicidade. Así mesmo, avalía se os MUPIS levarán só información de carácter institucional ou se a publicidade nos paneis será mixta como foi con esta concesión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo