" />

Os socialistas comezan os tramites para expulsar a Martínez do Grupo Provincial

En rolda de prensa celebrada esta tarde, e logo da comparecencia de Manuel Martínez ante os medios de comunicación, o grupo socialista comunicou, en comparecencia pública que comeza os trámites para expulsar ao alcalde de Becerreá e deputado polo Psoe do grupo socialista provincial. Asemade enviaran á comisión antitransfuguismo, os feitos ocorridos netes últimos días.

O portavoz do grupo socialista na Deputación Álvaro Santos manifestou que unha vez  chegue o expediente a máns de Martinez, este tera dez días para alegar. Nestes momentos o alcalde de Becerreá está suspendido cautelarmente dos seus dereitos como membro do grupo socialista provincial.Sentenciou.

Segundo os deputados socialistas e lembrando o acontecido dende mediados do mes de xuño, o partido apoiou en todo momento a Martinez como candidato á Presidente da Deputación sempre que o Bloque non puxese obxeccións a súa candidatura, pero a falta de entendemento cos nacionalistas deu ao traste coa posibilidade de que Martínez sustituira a Besteiro na Presidencia da Deputación. Polo que se tomou a decisión de apoiar a Darío Campos para Presidente , na reunión na que se toma esta decisión Martínez ausentase e non reaparece ata às once do día  seguí te, día da votación. Na mesma  rompe a disciplina de voto, dando como resultado a entrada da popular, Elena Candia, como Presidenta.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo