" />

Os socialistas agardan dar a coñecer o novo goberno provincial o luns

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, deu conta esta mañá en resposta ás preguntas dos xornalistas, do estado no que se atopa a distribución dos cargos de goberno no ente provincial.

“O goberno se non hai novidade, daremolo a coñecer o vindeiro luns. Estase demorando a conformación xa que estamos buscando a persona ideal para cada área, e tamén estamos mirando de reestructurar algunha delas para un mellor funcionamento das mesmas. Aínda que temos pleno o vindeiro martes, haberá que facer outro para a organización do goberno”, sinalou Campos.

“Todos os deputados socialistas terán un cargo, salvo que non queiran eles. Manuel Martínez estará neste goberno, polo menos eso agardo eu. Co BNG están casi pechadas as negociacións”, concluíu.

O presidente falou tamén da dimisión do ex-secretario provincial do PSOE, Juan Carlos González Santín, do que dixo que “tomou unha decisión persoal, moi reflexionada, e que respeto absolutamente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo