Os socialistas de Palas demandan un ‘Robot Da Vinci’ para o HULA

O Voceiro do PSOE en Palas de Rei, Horacio Rouco, avanzou hoxe que o partido vén de rexistrar unha moción no seu Concello que será debatida na vindeira sesión plenaria, para reclamar á Xunta que dote dun Robot Da Vinci ao Hospital Universitario de Lucus Augusti (HULA), de Lugo.

Rouco lembra, na iniciativa rexistrada, este robot é un sistema cirúrxico, cunha amplia difusión en moitas especialidades cirúrxicas en todo o mundo, dende o ano 2000. As vantaxes son moitas, por precisión, tempo de intervención, menor perda de sangue, diminución da estancia hospitalaria, menos complicacións post-operatorias, mellores resultados, en definitiva, máis calidade nas intervencións cirúrxicas.

Na proposta demanda tamén que o Sergas dispoña dos medios necesarios para a formación e dominio das técnicas de laparoscopia robotizada das e dos profesionais sanitarios/as das diferentes especialidades neste tipo de cirurxía, e dos equipos de enfermería.

En España o Hospital Clínico San Carlos de Madrid foi o primeiro hospital público español que incorporou esta tecnoloxía no ano 2006. En Galicia hai dous robots Da Vinci, un está no Hospital San Rafael de A Coruña, e outro no Hospital Vithas-Nosa Señora de Fátima de Vigo; os dous na sanidade privada. Rouca afirma que “a sanidade pública non pode quedar sen a tecnoloxía máis avanzada, e por iso, este grupo municipal estima que como nas provincias da Coruña e de Pontevedra dispoñen deste aparato de cirurxía laparoscópica Socialistas na Provincia de Lugo robotizada, entendemos agora que é o momento de que a poboación da provincia de Lugo dispoña dun medio operativo tan eficaz para determinadas intervencións cirúrxicas”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com