Os socialistas esixen unha investigación sobre as residencias privadas da Fonsagrada

A Secretaria Provincial do PSOE lucense, Patricia Otero esixiu hoxe “luz e taquígrafos sobre a situación de abandono que sufriron os usuarios e usuarios das Vivendas Comunitarias Buron I e II da Fonsagrada”.

Otero avanzou que “foi o propio do Concello da Fonsagrada a través da Traballadora Social quen enviou dous comunicados á Consellería de Política Social para alertar da situación que sufrían os usuarios destas dependencias privadas. Nesa liña lembra que “o primeiro comunicado enviouse á Xunta de Galicia o día 9 de marzo, e o segundo o dia 7 de abril, neste último envío tamén se enviou un escrito á Fiscalía quen abriu dilixencias”, advertiu.

A Secretaria Provincial preguntase “porqué á Xunta de Galicia non actuou cando recibiu a primeira notificación do Concello o pasado 9 de marzo?.” E remarca que “gracias ao traballo que realizaron os servizos sociais do Concello puido destaparse esta situación de neglixencia que sufrían os maiores destes centros privados, comunicando ao servizo de Inspección de Maiores da Consellería de Política Social o abandono que padecían os usuarios”.

Patricia Otero emprazou á Valedora a que “tome medidas neste asunto para protexer aos internos destas residencias, máxime nesta situación que vivimos polo Covid-19. É a poboación máis vulnerable e a que ten menos mecanismos para defenderse”, explicou. Nesa liña demandou á Xunta “mais inspeccións e máis controis nas residencias de maiores”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 10, 2020 - 01:46 PM

    Patricia, estate caladiña e demostra altura de miras. Mira! Os políticos sois casi todos muy semellantes, e decir sodes mezquinos e vulgares, estades esperando o cadáver de quen sexa e o precio que sexa para ir a esparce carroña. E a ver que da máis. É xa estamos un pouco cansados, de que non tenhades propostas e solucions(cobrados para eso, e é o voso traballo) e estedes a gresca de ti máis. É dades a entender que os que vos gusta e saír nas fotos e na prensa, que queredes ser sempre os protagonistas. É eso que críticas non é o momento de critical, ni son formas de criticar. Primeiro hay que ser xente e si non se sabe aprender ou polo menos intentalo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com