Os socialistas lucenses reúnense co Vicerreitorado e coa ONCE

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, acompañado doutros integrantes da mesma como Lara Méndez, Carmen Basadre, Daniel Piñeiro e Adrián Vázquez mantiveron onte un encontro co Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo, Javier Bueno Lema e cos vicerreitores adxuntos Carme Silva e Andrés Barreiro.

Na xuntanza, López Orozco amosou ao Vicerreitorado a súa intención de reforzar a colaboración entre as dúas entidades, no caso de ser elixido novamente Alcalde de Lugo, por ser a Universidade fundamental na vida do concello e no seu cambio intelectual e social, nunha aposta clara polo entendemento mutuo, que veu marcando as relacións institucionais ao longo dos gobernos socialistas.

Pola súa parte, Javier Bueno Lema, Carme Silva e Andrés Barreiro transmitíronlle á candidatura algunhas consideracións para mellorar esta cooperación, que serán incorporadas ao programa electoral socialista para os próximos comicios municipais.

A candidatura do PSdeG-PSOE de Lugo tamén recolleu propostas para o seu programa nun encontro celebrado onte con representantes da ONCE en Lugo, entre eles, o seu Delegado, Roberto Doval e a Conselleira Territorial, Pilar Yáñez, quen achegaron aos socialistas algunhas ideas do colectivo de persoas con discapacidade visual para mellorar a súa inclusión social e laboral e para continuar o labor de accesibilidade no Concello.

José López Orozco, candidato socialista á Alcaldía de Lugo, referiuse ao obxectivo co que se presentan aos comicios municipais “a nosa aspiración é ter unha maioría suficiente que nos permita seguir liderando a cidade, nun momento complicado para o Concello e para a provincia”. Rexeitou falar de posibles pactos ata coñecer a decisión que tomen os lucenses o día 24 de maio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com