Os traballadores de Alcoa anuncian unha folga indefinida

Traballadores de Alcoa e operarios de empresas auxiliares cortaron os dous principais accesos á planta e prendéronlle lume ao cartel co logotipo de Alcoa Europe que ardeu en poucos minutos. Despois decidiron na asemblea que celebraron pasadas as 13:00 horas que non permitiran a saída de ningún camión cargado con material da factoría, aínda que o que si permitirán é a entrada de materia prima para manter a actividade produtiva.

Pídenlle a Xunta de Galicia e ao Goberno Central que continúen coa presión sobre Alcoa para que acceda á venda da planta e no caso de non obter resultados piden á Administración que interveña a planta para impedir a parada das cubas.

De non producirse ningún cambio, os traballadores anuncian unha folga indefinida na fábrica.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com