" />

Os tractores seguirán na rolda por falta de acordo

Os tractores seguirán a ocupar a Rolda da Muralla, logo de non ser capaces o Ministerio de Agricultura, a Industria leiteira e as distribuidoras, de chegar a un acordo ou cando menos, compromiso, que permita manter o prezo sostido do litro de leite, na reunión que se celebrou hoxe en Madrid entre os diferentes grupos do sector con representación estatal, entre os que se encontraban Unións Agrarias, Coag e Asaja, só este último asinou un preacordo pactado coa patronal e as distribuidoras. Unións Agrarias declarou que agardaría uns días para ir vendo como se van desenvolvendo as negociacións para tomar unha postura

Os representantes de Marea Leiteira de Lugo, plataforma que se formou o pasado xoves, cando os sindicatos se desmarcaban da decisión de continuar coa tractorada e que ata o día de hoxe manteñen os seus tractores e as súas protestas, ata que se chegue a un acordo serio e a longo prazo, declararon  que non se van mover ata conseguir un acordo satisfactorio para os seus intereses.

Nestes intres, estes gandeiros agardan pola decisión que tomen dende Santiago de Compostela os seus compañeiros para poder xuntar forzas e aumentar a presión sobre as administracións, a industria leiteira e as distribuidoras.

Para as once da noite está convocada unha nova asemblea para definir as accións a realizar.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo