Os Veciños do distrito da Milagrosa reclaman unha solución urxente a Rubén Arroxo para a rúa Juana  la Loca

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do distrito da Milagrosa quere trasladar á concellaría de Mobilidade e  Infraestruturas,  do concello de Lugo a “grave situación que se vive no cruzamento da rúa Mazaira, cara ao final da rúa Juana la Loca, onde se atopa desde hai tempo unha focha de grandes dimensións”.

Este punto permanece sinalizado cun valo, pero “supón un risco moi elevado para a seguridade das persoas e dos vehículos que circulan diariamente pola zona. A situación é especialmente preocupante ao tratarse dunha vía de tráfico intenso, que funciona como nexo de unión entre os barrios da Piringalla, A Milagrosa e o Castiñeiro”.

Dadas as circunstancias, os veciños solicitan ao  concello de Lugo que “adopte as medidas necesarias para a reparación da focha no prazo máis breve posible, en beneficio da seguridade e a calidade de vida dos cidadáns”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com