" />

Os Viquingos do Vicedo chegan a Lugo para presentar a Romaxe

A delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da III edición  da Romaxe Viquinga que terá lugar os próximos 27 e 28 de xullo na localidade mariñá do Vicedo. Trátase dunha festa de recreación histórica, cada vez máis consolidada, que inclúe un amplo programa de actividades entre os que se atopa o pregón a cargo do actor Antonio Durán Morris, o desembarco viquingo na praia de San Román, desfiles infantís, un mercado tradicional e distintos espectáculos como batallas entre cabaleiros, vodas viquingas, unha queimada popular, entre outras.

No acto estivo presente o alcalde da localidade, Jesús Novo Martínez, o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e representantes dos distintos colectivos locais colaboradores, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión. A presentación incluíu tamén a actuación do Bruxo Queiman e a interpretación de varias cancións pola artista Andrea Pousa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo