" />

Outro día máis baixan os casos activos por Coronavirus en Lugo

De novo os casos activos pola Covid-19 volveron baixar na Área Sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas a cifra reduciuse en 80 casos. Na actualidade hai 511 casos activos. Do mesmo xeito tamén baixan os casos detectados onte, foron 8 odía antrior foran 23.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.485, deles 1.810 son da área da Coruña, 511 da de Lugo, 322 da de Ourense, 783 da de Pontevedra, 927 da área de Vigo, 588 da de Santiago e 544 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 108 están en UCI, 424 en unidades de hospitalización e 4.953 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 104.823 persoas curadas, rexistrándose 2.227 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.667.095

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo