Pablo Guerra, indiscutible vencedor do Volante Deputación

Pablo Guerra Testa foi o absoluto vencedor do Volante Deputación, a proba de motor lucense que se disputou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza. Así, grazas á destreza obtida por Pablo Guerra ao longo das diferentes voltas, o mozo poderá participar na vindeira edición do Rally San Froilán co equipo de competición PTC aos mandos dun Suzuki Swift Sport.

Formar parte deste equipo e competir no Rally San Froilán son os premios desta proba automobilística que pretende achegar aos afeccionados e afeccionadas ao motor á competiión e que conta co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Pastoriza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo