" />

Paco Martín será o nome do novo centro social interxeracional da Piringalla

Paco Martín, será o nome que leve o novo centro social e de convivencia da Piringalla, en homenaxe ao escritor lucense, creador do personaxe Ramón Lamote, protagonista do libro “As cousas de Ramón Lamote” , co que escritor acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil”.

Martín foi recibido pola alcaldesa de Lugo, a cal declarou que “Paco Martín é un dos escritores en lingua galega máis recoñecidos e apreciados polo público, unha persoa nobre e humilde, que marcou un fito na historia da literatura ao gañar por primeira vez cunha obra en galego”

“Con esta homenaxe queremos que a súa traxectoria perdure no tempo e que o seu legado sirva como referencia para os mozos e mozas lucenses que se están a iniciar no mundo literario ou teñen paixón pola literatura”, engadiu a rexedora.

Breve biografía de Martín Iglesias.

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, naceu en Lugo, en 1940. Foi profesor de primaria ata a súa xubilación, no 2000. En 1971 publicou a súa primeira obra, a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. En 1975 presenta a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial.

En 1981 publicou a novela E agora cun ceo de lama, pero sería en 1985 coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote, cando acadaría maior recoñecemento. A obra foi traducida a varios idiomas e con ela acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 1986. O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres(1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 publicou A bisneta lercha e, en 2008, unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.

Paco Martín tamén foi director do suplemento Axóuxere -Semanario do neno galego. Durante sete anos dirixiu o Departamento de Produción de Material Didáctico para o Ensino en Galego da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e foi membro do consello de redacción de A trabe de ouro.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Oscar Poy
    Oscar Poy
    Feb 06, 2021 - 04:17 PM

    O concello da marmota

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo