" />

O Partido Socialista suma tres candidatos á secretaría provincial

Continúa no PSdeG provincial a carreira para acadar a secretaría Xeral. Se onte falábamos da campaña e das ideas que presentaba o voceiro da deputación, Alvaro Santos, hoxe non podemos falar doutra cousa que non sexan os novos candidatos que concorren á secretaría luguesa do partido.

Coa oficialización esta mañá da candidatura da tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero e do alcalde de Catroverde, José María Arias, son tres os candidatos a presidir o partido socialista en Lugo. Patricia Otero que conta co respaldo de Alfredo Llano, alcalde de Burela, aspira a continúar cos cambios que está a instaurar Caballero. Pola súa banda, José María Arias aposta porque o PSOE volva a ser, dixo, un partido onde os militantes teñan voz. 

Lara Méndez, asegurou esta mañá que o partido está nun momento difícil e considera que é de respeto e admiración que haxa tres candidatos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo