Patricia Otero nova Secretaria Provincial do PSdG-PSOE de Lugo

A deputada autonómica Patricia Otero, erixiuse na nova Secretaria Provincial do PSdG-PSOE de Lugo logo de case  dobrarlle os votos ao outro candidato a secretaría xeral, o Alcalde de Castroverde José María Arias.

A candidata mariñá, que contaba co apoio do Secretario Xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero, ofreceralle a Arias pouco un día antes dos comicios, integralo como número dous da candidatura, cousa que o Alcalde de Castroverde rexeitou, co argumento de que “ non participa en proxectos que non cre”

Deste xeito queda cuberto o cargo que deixara Álvaro Santos, que dimitira logo dos enfrontamentos mantidos co Secretario Xeral  Galego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo