Pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta laranxa por ventos

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora da mañá deste xoves quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para a xornada de hoxe. Os refachos máximos de vento rondarán os 80 quilómetros por hora. Está previsto que o peche dos parques se manteña ata a mañá do venres, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo