O acceso ao aparcadoiro superior do Fogar de Santa María permanecerá pechado ao tráfico desde este xoves, 25 de xuño, ás 08:00 horas, e ata o vindeiro luns, 29 de xuño, ás 08:00 horas, debido aos traballos de reparación do firme que se van levar a cabo nesta zona.
A actuación ten como obxectivo mellorar o estado do pavimento e garantir unhas condicións de circulación máis seguras tanto para os vehículos como para as persoas usuarias desta infraestrutura. Os traballos centraranse na reparación e acondicionamento do firme no acceso ao estacionamento superior, unha intervención que require o peche temporal da vía para poder executarse con garantías de seguridade e eficacia.






