" />

Pepe Solla e o presentador de ‘Larpeiros’, xurado do Vilalba de Tapas

Os responsables de cociña de Mesón do Campo, Centro Cultural e Oasis, repetirán diante do xurado especializado a preparación dos petiscos que deseñaron para a I edición do Vilalba de Tapas, logo de acceder á final en base ao resultado da votación popular de veciños e visitantes.

Deste xeito, e de acordo co consensuado entre o Concello e a sección de hostalería da Asociación de Empresarios Sete Pontes, ámbolos tres establecementos volverán a ofrecer este venres as súas creacións á veciñanza en horario de concurso (de 13 a 15h e de 20 a 23h) e ás 17:30h está previsto que os xuíces comecen o percorrido de valoración no Mesón do Campo.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, o Concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, e o representante de hostalería na Asociación de Empresarios de Sete Pontes, Manolo Silvosa, acompañarán ao afamado Chef, Pepe Solla, e ao presentador de televisión, Adrián Díaz, tanto no percorrido coma na posterior entrega de premios ao terceiro, segundo clasificado e gañador, a celebrar nese orde en cada un dos establecementos agraciados.

Un formato de final, que porá o broche de ouro á exitosa primeira edición dun Concurso – este “Vilalba de Tapas” – que dende o Concello e a Asociación valoran “máis que positivamente” e no que 14 establecementos asociados pugnaron por obter o título á mellor tapa, co fin de dinamizar a oferta turística e de ocio da vila, ao tempo que se puxo en valor o traballo do sector hostaleiro.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Pepe Solla
    Pepe Solla
    Out 04, 2019 - 10:04 PM

    E que ricas estaban!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo